O sector en cifras

Datos xerais

A industria cárnica é o cuarto sector industrial. Representa unha cifra de negocio de 22.168 millóns de euros, máis do 21,6% de todo o sector alimentario español, o que se traduce no 2% do PIB total español.

Datos produción primeiro semestre 2017

O Servizo de Estatística do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio ambiente indica que a produción dos matadoiros españois durante o primeiro semestre de 2017 foi de 3,28 millóns de t, dato que supón un 1,3% menos que o obtido o mesmo período de 2016.

No caso da carne de porco, a de meirande produción en España, rexistrou un comportamento moi variable. En xaneiro, marzo e maio produciuse máis carne que no 2016, mentres que en febreiro, abril e xuño houbo unha forte redución. Sobresae especialmente o mes de abril no que se produciu un 17,2% menos que no 2016, 293.863 t, polas 354.870 t rexistradas en 2016. En total, producíronse 2,11 millóns de t.

Respecto á carne de vacún hai un lixeiro crecemento na súa produción chegando ás 312.652 t, un 1,1% máis, e manténdose por segundo ano consecutivo por riba das 300.000 t.

Na carne de ovino persiste a redución da súa produción, o primeiro semestre de 2017 producíronse 58.737 t, un 1,8% menos que en 2016. Respecto á especie caprina apréciase un incremento do 12,1% e se superan as 5.106 t.

Outra das categorías que sufriron unha forte caída foi a carne de equino, cunha diminución do 15,5% ata as 5.716 t.

Por comunidades autónomas, as principais produtoras, Cataluña, Castela e León e Andalucía reduciron a súa produción un 4%, mentres que as tres seguintes en relevancia, Aragón, Castela-A Mancha e Galicia, tiveron subidas dun 10,2%, do 2,4% e do 1,9%.

Exportacións primeiro semestre 2017

Os datos fornecidos polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade por medio do Estacom do ICEX amosan como o valor das exportacións cárnicas españolas segue crecendo. Durante o primeiro semestre do ano o noso país exportou carnes e produtos cárnicos por un valor estimado en 3.140 millóns de euros, cifra que supón un 14,2% máis que a alcanzada durante o mesmo período de 2016.

As exportacións españolas de carne e produtos elaborados de porcino aumentaron un 18,2% os primeiros seis meses do ano, respecto ó mesmo período anterior, e superaron os 2.500 millóns de euros de facturación, mentres que as vendas en volume foron de 1,04 millóns de toneladas, o que supón un incremento do 1%, segundo os datos publicados pola Interprofesional del Porcino de Capa Blanca (Interporc).

Por tipos de produto, son líderes as carnes frescas, refrixeradas e conxeladas, cunhas vendas no estranxeiro que alcanzaron as 760.021 toneladas (+0,8%) e os 1.839 millóns de euros (+21%); a continuación figuran os despoxos de porcino, con 142.207 toneladas e 167,4 millóns de euros.

Por destinos, China continúa á fronte do mercado exterior español en volume durante os primeiros seis meses do ano, copando preto do 17% do total de vendas, con 175.388 toneladas, e seguida de Francia, con 163.987 t, Italia, con 91.343 t, Xapón, con 60.038 t e Portugal, con 57.794 t. En facturación, Francia é o principal cliente, con compras por valor de 445,3 millóns de euros, seguida de China, con 285,4 millóns de euros, e Xapón con 221,3 millóns de euros.

Respecto aos datos da carne de vacún, tanto fresca como refrixerada supuxeron uns ingresos de 322,08 millóns de euros, un 6,3% máis, para un total de 87.421 toneladas, un 4,7% máis. Os principais importadores foron países europeos como Portugal con 32.696 toneladas e moito máis lonxe Países Baixos con 10.451 toneladas, Francia con 10.207 toneladas e Italia con 10.157 toneladas. As s de despoxos e subprodutos de vacún no primeiro semestre chegaron a un valor de 19,95 millóns de euros, cun aumento do 47,3% para un total de 10.638 toneladas exportadas, un 14% máis.

Datos produción 2016

En 2016, a produción de carne aumentou en tódalas especies, segundo os datos de sacrificio publicados polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA). A carne de porcino alcanzou unha produción de 4,06 millóns de toneladas, cifra que representa un crecemento do 5,2% respecto a 2015. Mentres tanto, a carne de vacún rexistrou unha produción de 637.737 toneladas, o que supón un aumento do 1,9%, mentres que a de ovino e caprino creceu un 1% con 126.341 toneladas.

Nesta ligazón pódense consultar os datos de sacrificio do MAPAMA.

Comercio exterior 2016

En 2016 a industria cárnica española exportou 2,3 millóns de toneladas por valor de 5.562 millóns de euros, o que supón un crecemento do 16,7% en volume e do 14,8% en valor, segundo os datos de DATACOMEX.

España adiantou a Dinamarca e converteuse no terceiro país exportador de carne de porco a nivel mundial, logo de EUA e Alemaña. As súas vendas exteriores foron de 1,5 millóns de toneladas de carne de porco por valor de 3.207 millóns de euros, 182.566 toneladas de produtos elaborados e 1.150 millóns de euros e 396.539 toneladas de despoxos por valor de 447 millóns de euros.

Respecto ao vacún, o balance das exportacións de carne e despoxos alcanzou as 169.539 toneladas exportadas (un 4% máis), mentres que en termos de valor obtívose a cifra de 610 millóns de euros, un 7,1% máis que no ano anterior.

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer nuestros servicios y recoger información estadística. Si continua navegando, acepta su instalación y su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies